AS FRAGAS PERDIDAS
Restauración e conservación das fragas atlánticas
Que é este proxecto?
As Fragas Perdidas
Un esforzo para localizar, conservar e recuperar os bosques tépedos húmidos de Galicia
As fragas húmidas galegas son bosques únicos que, debido á expansión de especies foráneas como o eucalipto, están en perigo de desaparecer. O noso proxecto busca protexer, restaurar e conservar estes tesouros naturais, vitais tanto para a biodiversidade local como para a identidade cultural de Galicia.
O proxecto das Fragas Perdidas «Restauración e Conservación das Fragas Atlánticas» inspírase na iniciativa británica «Lost Rainforests of Britain».

Por que é necesario?
Queremos localizar, cartografar, documentar e restaurar as fragas galegas
Os bosques tépedos chuviosos non só albergan unha biodiversidade única, senón que desempeñan un papel crucial no equilibrio ecolóxico da rexión.
Coñecer
Divulgar
Conservar
Colaborar
Colabora coas Fragas Perdidas
Súmate ao esforzo
Como podes participar?
Implícate: axuda a protexer as fragas perdidas
Este proxecto depende do esforzo conxunto da sociedade. Hai varias formas nas que podes participar para axudar a protexer e restaurar estes valiosos ecosistemas.
Protexe os teus bosques
Loitemos pola biodiversidade e o equilibrio natural dos nosos ecosistemas.

Ecosistema natural
Estes bosques desempeñan un papel vital na conservación da biodiversidade, o ecosistema e a regulación climática.
Un bosque ben conservado actúa como unha esponxa, retendo auga e mantendo humidade. Ademais, funciona como filtro do aire que respiramos, mellorando a súa calidade. Tamén exerce de protector do solo, evitando o lavado e a erosión provocados por choivas intensas, entre moitos outros servizos ecosistémicos esenciais para manter o equilibrio natural.

Especies clave das fragas galegas
As fragas galegas albergan unha gran cantidade de especies de flora e fauna que dependen destes ecosistemas húmidos para sobrevivir. Aquí amosámoste algúns dos habitantes máis emblemáticos destes lugares, cuxa protección é fundamental para manter a riqueza e o equilibrio destes bosques.
Árbores e plantas
Carballos, freixos, amieiros, bidueiros, musgos, fentos…

Flora
As fragas caracterízanse polo tipo de vexetación que as compoñen. Nestes bosques predominan varias especies de carballos, acompañadas doutras árbores como castiñeiros, amieiros, freixos e bidueiros. No sotobosque, baixo as sombras, crecen árbores de menor tamaño como abeleiras, loureiros, acivros e sabugueiros; así como toxo e a xesta, xunto a plantas herbáceas como as mentas e os amorodos silvestres.
Un elemento esencial das fragas son as criptógamas: musgos, hepáticas, fentos e liques, que tapizan o chan, os troncos e as ramas, creando unha contorna única. Este ambiente favorece a presenza de fungos, que darán lugar aos cogomelos.
Fauna
Os habitantes das fragas son numerosos e diversos, pero a miúdo permanecen ocultos á nosa vista. Como ánimas misteriosas, vagan por estes bosques silenciosamente, o que fai que a súa extraordinaria biodiversidade pase desapercibida. Nas fragas galegas habitan especies únicas no mundo, como a píntega rabilonga ou o escaravello Carabus galicianus. Son o noso tesouro máis prezado, e como tal, debemos protexelo.
Animais
Carabus galicianus, píntega rabilonga, ra patilonga, pega marza…

Entidades amigas
O proxecto Fragas Perdidas é posible grazas á colaboración con outras entidades, para sumar esforzos e conseguir obxectivos.















