Involúcrate e marca a diferenza
Colabora
Cantos máis ollos sexamos no campo, mellor!. Se sabes dalgunha fraga que precise ser salvada, coñeces agresións que haxa que evitar ou corrixir, ou ves algunha especie relevante nalgún bosque húmido, infórmanos empregando este formulario:
As túas habilidades e coñecementos poden ser de gran utilidade, ben sexa para botarnos unha man nalgunha tarefa ou para participar como voluntario en actuacións de conservación. Se crees que podes achegar o teu gran de area para salvar as fragas, non dubides en contactarnos.
Toda axuda é benvida!
As actuacións de conservación das fragas precisan fondos para levalas a cabo. Podes facer unha doazón da cantidade que desexes no momento que che conveña. Ademais, terás bonificacións fiscais na declaración da renda! Consulta a información completa aquí:
Quen pode participar?
Calquera persoa interesada en que as fragas non desaparezan pode participar neste proxecto, de maneiras diversas e con distintos graos de implicación. Desde informar onde hai unha pequena fraga que mereza ser rescatada, ata participar activamente en actuacións de conservación.
Quen se beneficia?
Este proxecto beneficia a toda a humanidade, ao conservar hábitats pouco abundantes no planeta e ao evitar a extinción de especies únicas que só habitan nesta rexión do noroeste. Mais directamente, beneficia aos habitantes de Galicia ao evitar que desapareza un anaco da súa historia, a súa cultura e a súa riqueza natural.
Que podes facer para colaborar?
Hai tanto que facer para salvar as fragas galegas! Ti podes ser de gran utilidade.
Toda axuda é benvida!
Para estar informado das actividades que realicemos, podes seguir as nosas redes sociais ou subscribirte á nosa lista de difusión por e-mail.
