Os bosques europeos están perdendo a súa capacidade para absorber carbono

Un recente estudo analiza e cuantifica os factores que interveñen

Os bosques, grazas a súa capacidade de absorber CO₂ da atmosfera e mantelo secuestrado en forma de carbono nos seus tecidos e no solo, son aliados na loita contra o cambio climático.
Actualmente cobren preto do 40% do territorio da Unión Europea e, entre 1990 e 2022, absorberon o redor do 10% das emisións derivadas da actividade humana. Un artigo recente publicado na revista Nature, que contou coa participación do CREAF e do CSIC, alerta que a súa capacidade de secuestrar carbono está en declive.

Development of the EU forest carbon sink and causes of its decline. Author: JRC

Segundo o inventario LULUCF da UE (que calcula os sumidoiros de carbono do solo forestal, zonas húmidas, e agrícolas, entre outros), o depósito de carbono forestal en Europa pasou de 457 millóns de toneladas de CO₂ equivalente absorbidas cada ano entre 2010 e 2014 a 332 millóns de toneladas de CO₂ equivalente absorbidas cada ano entre 2020-2022. Isto demostra unha redución de case un terzo en tan só unha década.

Este declive pon en risco os obxectivos climáticos da Unión Europea que establecen que a UE ten que ser climaticamente neutra en 2050. O regulamento revisado sobre o sector LULUCF fixa para o 2030 a meta de absorber 310 millóns de toneladas de CO₂ equivalente, obxectivo que pode non acadarse tendo en conta o declive da última década.

Factores do declive

Hai varios factores detrás de este declive, moitas veces interconectados. Os principais responsables identificados no estudo son:

  • A intensificación da tala de madeira, debido a unha demanda ascendente de consumo de madeira a nivel europeo e global
  • O aumento das perturbacións naturais como incendios, tormentas e pragas, que adoitan ir seguidos de talas prematuras para sacar a madeira morta ou queimada
  • O feito de que os bosques diminuíron o seu ritmo de expansión e xa no hai tantas repoboacións
  • O envellecemento dos bosques, que reducen a súa capacidade de crecemento e de absorción de carbono
  • Os episodios extremos de calor e seca, que diminúen a fotosíntese e a produtividade das árbores.

Estes impactos poden ter efectos persistentes durante anos, debilitando os bosques, e agravando a mortalidade forestal e a perda de capacidade de retención de carbono.

Medidas a tomar de forma urxente

O estudo suxire modelos de xestión baseados na ciencia que combinen bosques con diferentes idades e grados de protección, alternando zonas adicadas á produción sostible con outras reservadas para a conservación estrita. Esta diversificación axudará a protexer a biodiversidade e a manter o carbono almacenado en diferentes compartimentos do bosque, como a madeira viva, a madeira morta e o solo.

Referido a reforestación, o estudo tamén alerta de que fará falla acoutar moi ben os lugares onde se poden plantar árbores na UE, xa que a falta de auga marcará o futuro destas novas masas forestais. Así, esta solución será só válida en lugares moi determinados e con condicións climáticas máis favorables.

Dende a década de 1950, a biomasa forestal de Europa triplicouse e, como resultado, incrementouse enormemente a capacidade de secuestro de carbono. Isto aconteceu grazas á recuperación dos bosques despois da sobreexplotación e deforestación derivadas da posguerra, á expansión da superficie forestal, ás melloras na xestión e na conservación, e ao impacto de factores como o aumento de CO₂ atmosférico que fixo de fertilizante durante un tempo. Isto viuse favorecido polas temperaturas máis altas, que permitiron tempadas de crecemento máis longas e unha maior deposición de nitróxeno. Inda así, esta ganancia podería perderse na situación climática actual se non se actúa con urxencia para reverter as tendencias actuais.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *