Os problemas co eucalipto en Galicia

A finais de 2024 foron noticia as declaracións dunha importante cargo da Xunta de Galicia en relación ao eucalipto. Afirmou que “é unha árbore máis”, e que calquera medida de control hai que facela tendo en conta “esa gran biodiversidade de Galicia, entre coníferas e eucaliptais”. Con datos científicos na man, pode afirmarse que as diferentes especies de eucaliptos orixinarias de Oceanía e plantadas masivamente en Galicia non son árbores calquera, senón que deberían terse catalogadas como especies exóticas invasoras (Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto).

O ditame do Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente español (MAPAMA) sobre a consulta CC 30/2017 é claro sobre isto, e mesmo Eucalyptus globulus e E. camaldulensis aparecen no Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España editado polo propio MAPAMA, onde se afirma que E. globulus

“Produce efectos muy negativos sobre el paisaje”

“los efectos alelopáticos producidos por la hojarasca impiden el desarrollo del resto de la flora, y esterilizan casi completamente el suelo”

“afecta al régimen hidrológico de los acuíferos subterráneos y provocando una sequía inducida en toda su zona de influencia”

Polo tanto, non é unha árbore máis, e as plantacións de eucalipto non participan da biodiversidade de Galicia, senón que a degradan, como tamén demostrou a Sociedade Galega de Historia Natural nunha revisión bibliográfica realizada en 2019.

Motivado polas protestas de científicos e colectivos ambientalistas, e perante un descontrol absoluto na regulación das plantacións de eucalipto, a Xunta anunciou en febreiro de 2021 unha moratoria ata decembro de 2025 ás novas plantacións desta especie alóctona. A moratoria tardou cinco meses en facerse efectiva, lapso no que multiplicaron as plantacións, destruíndo centos de hectáreas de valiosos hábitats naturais.

O despropósito co eucalipto ven de lonxe: o Plan Forestal de 1992 aprobado pola Xunta establecía un tope de 245.000 hectáreas de eucalipto en 2032. Xa antes de 2018 se duplicou esa cifra, e a día de hoxe seguen a plantarse ilegalmente centos de hectáreas, con apenas sancións. A recente proposta á Xunta -por parte da oposición política- de ampliar ata 2030 a moratoria ás novas plantacións de eucalipto foi, precisamente, o detonante das declaracións arriba mencionadas.

Por todo isto, o G. N. Hábitat considera que todas as especies de eucalipto deberían considerarse especies exóticas invasoras en Galicia, ao amparo da información científica dispoñible. Isto debería significar non só unha ampliación da actual moratoria ata 2030, senón unha regulación permantente a todo tipo de plantacións desta especie nociva ambientalmente.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *