Os servizos ecosistémicos das Fragas Perdidas

Que son os servizos ecosistémicos, servizos do ecosistema, ou ecoservizos

Estes servizos son aqueles beneficios que os seres humanos obtemos dos distintos ecosistemas que hai no planeta. 

Se ben era un concepto coñecido dende tempo atrás, non foi ata 2005 cando se analizaron e definiron formalmente os servizos ecosistémicos, durante o estudo Avaliación dos Ecosistemas do Milenio (EM) levado a cabo polas Nacións Unidas.

Están relacionados coas funcións ecolóxicas que se dan nos ecosistemas, pero non son exactamente o mesmo. As funcións ecolóxicas son os procesos naturais de funcionamento e mantemento dos ecosistemas, e os servizos son o resultado destas funcións.

Diagrama dos servizos ecosistémicos
Diagrama que representa os 4 tipos de servizos ecosistémicos con exemplos para cada categoría. Fonte: WWF, 2016.

Tipos de servizos ecosistémicos

Os servizos ecosistémicos agrúpanse en catro grandes categorías:

Servizos de aprovisionamento

Son aqueles produtos e materiais que obtemos do medio natural:

  • Alimentos.
  • Auga.
  • Combustibles.
  • Materiais de construción.
  • Medicamentos.

Servizos de regulación

Engloba todos os beneficios materiais ou intanxibles que nos aporta o bo funcionamento dos ecosistemas:

  • Regulación do clima.
  • Contención das inundacións.
  • Polinización.
  • Redución do risco de proliferación de patóxenos (agricultura e saúde humana).

Servizos socioculturais

Representan os aportes intanxibles (inmateriais) da biodiversidade, obtidos a través da relación que os seres humanos temos coa natureza. Fan referencia a aspectos como:

  • Amenidade.
  • Estética.
  • Espiritualidade.
  • Recreación e desfrute.
  • Educativos.
  • Inspiracionais.
  • De cohesión social.

Servizos de apoio

Aqueles necesarios para que existan todos os demais servizos, asegurando o correcto funcionamiento a nivel de biosfera. Os seus efectos afectan indirectamente aos seres humanos e son perceptibles a longo prazo. Estes servizos inclúen, entre outros:

  • Ciclo da auga.
  • Ciclos bioxeoquímicos do carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno.
  • Formación do solo.
  • Produción primaria (fotosíntese).

Estes servizos que nos aporta a natureza son vitais para o ser humano, xa que o noso benestar depende directamente da saúde dos ecosistemas. Por exemplo, a industria farmacéutica factura centros de miles de millóns de euros a partires de medicamentos que se extraen de organismos vivos. Dez dos vintecinco fármacos máis vendidos dependen de seres vivos ligados a determinados ecosistemas naturais. A maioría dos medicamentos comercializados ou en experimentación conteñen moléculas de plantas catalogadas como medicinais. Das 30000 plantas superiores coñecidas na China, 5000 son consideradas medicinais.

A importancia das fragas atlánticas para os servizos ecosistémicos

Unha fraga atlántica proporciona todos os servizos ecosistémicos antes mencionados, mais quizais, os máis importantes serían:

  • Produción de osíxeno.
  • Purificación da auga, depuración natural..
  • Secuestro de carbono na madeira e no solo, contribuíndo á mitigación do cambio climático
  • Rexistro de biodiversidade, fundamental para o estudo e educación ambiental.
  • Valor paisaxístico e cultural, promovendo o turismo sostible.

Como protexer as fragas para conservar a súa función

Alterar a integridade das fragas pon en risco estes servizos vitais. Unha mínima perturbación pode alterar a actividade de organismos que producen e manteñen o humus, ou comprometer a reciclaxe natural e permanente de nutrintes e necromasa por parte de animais, fungos e bacterias, que permite que exista un ciclo pechado da enerxía. Para garantir a súa conservación, é fundamental:

  • Evitar cortas a feito.
  • Priorizar a restauración ecolóxica con especies autóctonas.
  • Regular o turismo para minimizar o impacto humano.
  • Prohibir a recolección masiva de flora e fauna.
  • Controlar as especies exóticas invasoras.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *