Política de privacidad

1. Introdución

O Grupo Naturalista Hábitat (en diante, GNH), conforme á lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, en concreto, do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pon en coñecemento dos usuarios da páxina web www.gnhabitat.org a Política de Privacidade e Protección de Datos que aplicará no tratamento dos datos persoais que o usuario facilite voluntariamente ao acceder á súa web.

O usuario, ao proporcionar a GNH os seus datos de carácter persoal a través da web, consente expresamente que GNH poida tratar eses datos nos termos desta cláusula de Política de Privacidade e Protección de Datos e para os fins aquí expresados.

GNH pon en coñecemento dos usuarios da web que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveron. Serán suprimidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para dita finalidade ou cando o solicite o titular no exercicio do seu dereito de supresión.

GNH manifesta o seu compromiso de cumprir coa lexislación vixente en cada momento en materia de protección de datos.

Os datos persoais facilitados serán tratados pola compañía e utilizaranse de acordo coa seguinte información.

2. Responsable do tratamento de datos

  • Nome da entidade: Grupo Naturalista Hábitat
  • Enderezo: Rúa Camariñas, 8, 15002 A Coruña.
  • Correo electrónico de contacto: habitat@gnhabitat.org
  • Teléfono: 981135014

3. Información que recompilamos

Información persoal

Podemos recompilar os seguintes datos persoais, sempre co teu consentimento explícito:

  • Nome completo
  • Idade ou data de nacemento
  • DNI, NIE ou Pasaporte
  • Dirección de correo electrónico
  • Información de contacto (teléfono, dirección postal)
  • Información de pago (se aplica para doazóns ou compras)
  • Calquera outra información que decidas compartir a través de formularios ou correspondencia.

Información non persoal

A través de Google Analytics, e sempre que se autorice o uso das cookies correspondentes, recóllense automaticamente certos datos non persoais cando interactúas co noso sitio, tales como:

  • Dirección IP
  • Navegador e tipo de dispositivo
  • Páxinas que visitas e tempo de navegación
  • Cookies e tecnoloxías de seguimento (máis información na sección 7)

4. Finalidade do tratamento de datos

Os datos persoais que recollemos son utilizados para:

  • Procesar inscricións nas nosas actividades ou solicitudes para facerse socio.
  • Enviarte información sobre os nosos proxectos, eventos ou novas.
  • Responder a consultas e solicitudes de información.
  • Cumprir coas nosas obrigacións legais e fiscais.

5. Lexitimación para o tratamento dos datos

O tratamento dos teus datos basease en:

  • Consentimento: Sempre que proporcionas a túa información persoal de forma voluntaria.
  • Execución dun contrato: Se realizas unha doazón ou compras a través do noso sitio.
  • Obrigación legal: En cumprimento de normativas fiscais ou administrativas aplicables.

6. Con quen compartimos os teus datos?

En Grupo Naturalista Hábitat non vendemos nin compartimos os teus datos persoais con terceiros, salvo nos seguintes casos:

  • Autoridades competentes cando sexa requirido por lei. En todos os casos, asegurámonos de que os terceiros cumpran coas normativas de protección de datos aplicables.

7. Uso de cookies e tecnoloxías similares

O noso sitio utiliza cookies para mellorar a túa experiencia de usuario. As cookies son pequenos arquivos que se almacenan no teu dispositivo cando navegas pola nosa web.

Tipos de cookies que usamos:

  • Cookies técnicas: Necesarias para o funcionamento básico do sitio.
  • Cookies de análise: Para entender como os usuarios interactúan coa nosa web.

Podes xestionar ou desactivar as cookies a través da configuración do teu navegador. Para máis información, consulta a nosa Política de Cookies.

8. Seguridade dos datos

En Grupo Naturalista Hábitat implementamos medidas de seguridade técnicas e organizativas para protexer a túa información persoal contra o acceso non autorizado, a divulgación ou alteración.

9. Dereitos dos usuarios

Como titular dos datos, tes dereito a:

  • Acceso: Solicitar información sobre os datos persoais que temos sobre ti.
  • Rectificación: Solicitar a corrección de datos incorrectos ou incompletos.
  • Supresión: Solicitar que eliminemos os teus datos persoais cando xa non sexan necesarios.
  • Oposición: Opoñerte ao tratamento dos teus datos por motivos lexítimos.
  • Portabilidade: Solicitar que che enviemos os teus dados persoais nun formato estruturado e de uso común.

Podes exercer estes dereitos enviando unha solicitude ao noso correo de contacto habitat@gnhabitat.org.

10. Conservación dos datos

Conservaremos os teus datos persoais unicamente durante o tempo necesario para cumprir cos fins descritos nesta política, ou mentres exista unha relación contractual ou legal que o xustifique.

11. Enlaces a sitios externos

O noso sitio web pode conter enlaces a sitios externos de terceiros. Non somos responsables das políticas de privacidade nin do contido destes sitios. Recoméndase revisar as súas políticas antes de proporcionar calquera información persoal.

12. Cambios na política de privacidade

Grupo Naturalista Hábitat resérvase o dereito de modificar esta política de privacidade en calquera momento, en cuxa ocasión publicaremos unha notificación destacada no sitio web. Recoméndase revisar esta páxina periodicamente para estar ao tanto de posibles cambios.

13. Contacto

Se tes algunha pregunta ou inquedanza sobre esta política de privacidade, non dubides en contactarnos:

  • Correo electrónico: habitat@gnhabitat.org
  • Teléfono: 981135014