O outono nas fragas do Mandeo
O bosque caducifolio atlántico é o tipo de arborado que, tras a derradeira glaciación, debería cubrir a inmensa maioría do territorio galego. Con todo, desde hai arredor de 6000 anos, as actividades humanas, apoiadas en lumes recorrentes e cortas extensivas, foron abrindo grandes ocos nestes bosques antigos, facilitando o pastoreo e a agricultura. O bosque…
