Grupo Naturalista Hábitat
Quen somos
Quen está detrás do proxecto
O Grupo Naturalista Hábitat é unha entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente dedicada ao estudo, divulgación e conservación do patrimonio natural, cun ámbito de actuación territorial galego.
Historia / Antecedentes
Hábitat é unha das asociacións conservacionistas máis singulares de Galicia. Desde a súa fundación na Coruña en 1979 por un grupo de naturalistas entusiastas, ven realizando diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto a numerosas campañas de divulgación do noso patrimonio natural, contribuíndo a xerar en Galicia unha corrente de preocupación polo medio natural.
Desde os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, desde un enfoque naturalista baixo criterios científicos. Froito deste traballo incesante, Hábitat contribuíu de maneira crave na protección de numerosos espazos naturais agora xa emblemáticos, como o humidal de Baldaio e as Fragas do Eume.
Paralelamente a este traballo conservacionista, Hábitat organiza decote numerosas excursións, cursos e charlas de divulgación da natureza, dirixidos ao público en xeral, baixo a premisa de que dificilmente se pode protexer o que non se coñece.
Para máis información, visita a nosa web:
Entidades amigas
A unión fai a forza, e afortunadamente, non estamos sós na ardua tarefa de conservar e protexer as fragas atlánticas. Con estas entidades compartimos visión, esforzos e proxectos:







