AS FRAGAS PERDIDAS
Sobre o proxecto
O proxecto As Fragas Perdidas pretende caracterizar, localizar, documentar, conservar e recuperar as fragas atlánticas de Galicia, un tesouro natural en perigo. Queremos evitar a desaparición destes ecosistemas únicos, protexelos e asegurar que sigan sendo parte da nosa paisaxe e a nosa cultura.
Recuperemos as fragas húmidas galegas
O noso obxectivo é localizar, conservar e recuperar as fragas galegas, protexendo estes ecosistemas únicos e asegurando que sigan sendo parte da nosa paisaxe e a nosa cultura.
Entre as numerosas ameazas ambientais que actualmente enfronta o noso planeta, resultan preocupantes a deforestación e a degradación dos ecosistemas forestais. O aumento da superficie forestal en España nas últimas décadas non significa necesariamente máis bosques naturais: a maioría son plantacións de especies non autóctonas dirixidas á produción industrial de madeira, pasta de papel e biomasa.
Por que é necesario?
Galicia enfronta un grave problema de perda de biodiversidade. Actualmente, máis do 20% do seu territorio está ocupado por plantacións de eucalipto, árbores que non poden substituír aos bosques naturais como hábitats nin na súa achega ecolóxica.
As fragas son o fogar de numerosas especies que dependen delas para sobrevivir. Son un símbolo de identidade galega, conectadas profundamente coa nosa historia e tradición. Proporciónannos benestar, servizos ecosistémicos e unha paisaxe viva que queremos conservar para o futuro.
En marzo de 2021 naceu o proxecto Lost Rainforests of Britain, dirixido a atopar e restaurar os bosques tépedos húmidos de Reino Unido, por ser hábitats seriamente ameazados cuxa extensión se reduciu drasticamente no século XX. As Fragas Perdidas toma este proxecto como exemplo inspirador, para trasladalo a Galicia.
